Tamara Pérez
Son de Punxín, Ourense. Dende nena formeime no Conservatorio municipal do Carballiño en canto clásico, lírico e guitarra. Tamén en escolas de canto moderno. De maneira autodidacta aprendín a tocar o piano e o ukelele.
Ao longo de 8 tempadas formei parte de diversas orquestras galegas.
Durante anos tamén impartín clases de canto en diferentes escolas e academias de música.
Posteriormente centreime na miña paixón, a televisión.
Despois de cinco anos presentando programas de entretemento, informativos, directos e desempeñar as labores de produción e redación na televisión local de Ourense, comecei a traballar no programa Bamboleo de CTV para a Televisión de Galicia compaxinándoo con cursos para seguir aprendendo máis do medio e doutras inquedanzas que teño como a interpretación.